Vestir máscara e luvas, o primeiro paso en tempos de Covid para Dolores, asistente sociosanitaria de persoas dependentes no concello de Ames.
Pilar durme e pasa as horas nun sofá-cama no salón do piso do seu fillo.
Dolores conversa con Pilar para asegurarse de que está ben antes de comezar.
Pilar espera na cadeira de rodas a que Dolores a leve ao baño. A escuridade prevén do calor nunha abafante tarde de maio.
Aos seus 92 anos, Pilar precisa asistencia para todo. "Hai uns meses pegábame palizas á brisca, pero ao saír de paliativos empeorou rapidamente", di Dolores.
Dolores deixa sempre a luz do baño prendida, esperando a bronca de Pilar, que lle sinala a chave para que a apague.
Pilar vive co seu fillo, pero o seu horario laboral fai que pase a maior parte do día soa.
As únicas visitas que recibe son as das traballadoras do servizo de asistencia sociosanitaria do concello de Ames.
A compaña e a conversa son esenciais no seu servizo para unha mellor calidade de vida.
Hora de merendar. Pilar resístese a comer o seu flan.
De volta na cama, uns minutos son suficientes para que quede durmida.
"Déitoa na cama mirando contra a parede porque prefire o outro lado, e así obrígoa a moverse un pouquiño", di Dolores.
Logo de merendar, Dolores limpa a cociña. Malia ser as 20h, o reloxo quedou conxelado nas 4 menos 5 da tarde, nun lugar no que parece que o tempo non pasa.
Ao rematar con Pilar, toca limpeza de baño.
Dolores despídese de Pilar, logo dunha hora de servizo, ata o próximo día, no que terá que facer o mesmo outra vez.