Lucía Junquera Pazos 

606892793 / lucia.junque@gmail.com

Ola! Son Lucía Junquera Pazos, nacida na Baña no ano 1997.

Estudei o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Como parte do Grao, realicei dous meses de prácticas como fotógrafa na delegación de Santiago de La Voz de Galicia.
Seguidamente, cursei un Postgrado en Fotoxornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona.

Paralelamente, fun especializándome no eido fotoxornalístico con diversos cursos e seminarios impartidos por profesionais como Olivia Arthur (Axencia Magnum), Cristina García Rodero, Gervasio Sánchez, Emilio Morenatti (AP) ou Anna Surinnyach (5W). 

Agora ando procurando o meu propio camiño fotográfico, con temas eminentemente sociais, medioambientais e culturais. Labor que compaxino con outra das miñas paixóns, a radio. Actualmente traballo na Radio Galega, presentando o Diario Cultural das 10.30h e elaborando diversos podcast e especiais. 

Lucí­a Junquera Fotografía

Website via Visura

Lucí­a Junquera Fotografía is integrated to:
Visura site builder, a tool to grow your photography business
Visura's network for visual storytellers and journalists
A photography & film archive by Visura
Photography grants, open calls, and contests
A newsfeed for visual storytellers